- Un reflexo no mar
- Palabras para Julia
Este pasado venres 4 rematou a primeira quenda do obradoiro que estou impartindo no Ágora. No obradoiro conxugamos distintas maneiras de traballar o texto e a imaxe, e vimos como asociar o un có outro. Empezamos facendo caligramas, despois ilustramos un poema e por último entregamos un proxecto persoal onde combinamos texto e imaxe. Partindo dun poema, elaboramos un texto da nosa creación e facemos catro ou cinco imaxes con continuidade narrativa. A técnica empregada para a parte gráfica foi a acuarela, que foi unha dificultade máis para moitos, pois era a súa primeira vez!
A verdade que eu fiquei encantada porque todos traballaron moito e o resultado final foi moi bó! Déixovos algunhas imaxes.
Por outro parte, seguimos traballando no Ágora na segunda quenda co mesmo contido. O motivo de que haxa dúas quendas é que moita xente quedou fóra na primeira, e por iso decidimos ampliar e facer un grupo máis. Seguireivos informando!
Leave A Reply