Novo mural en Fisterra

18
Oct

O Camiño dos Faros é moito máis que unha ruta de senderismo. Evidentemente pateamos, e moito, pero hai moitísimas actividades que van máis aló dunha ruta tradicional. Para min é sempre un motivo de inspiración. Chámano a Costa da Morte pero eu volvo sempre coas pilas cargadas, así que eu diría que é máis ben a Costa da Vida.

O pasado fin de semana estivemos grabando un programa de 25 mn para a TVG que se emitirá próximamente (aínda non sabemos a data). A meirande parte dos trasnos estiveron pateando, a min tocoume pintar. Fixen un mural en Insua inspirado na acuarela Sentimento trasno, que tamén tiña moito que ver con Fisterra, cos encontros, despedidas, o amor pola paisaxe, o mar… Como di Manuel Rivas: “Para min é a gran metáfora da vida. O mar sempre está a comezar e recomezar. As mareas morren e rexorden de novo. O mar é o primeiro náufrago de si mesmo. Logo está o de que non cansemos de ver o mar porque, cando o ves, xa nunca máis o esqueces, convértese en parte de ti mesmo, méteseche dentro. E nunca cansamos de velo porque é o encontro do visible co invisible. Que mellor explicación da literatura que o propio mar”. Non podería explicalo mellor.

Leave A Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies