
Por unha iniciativa de Lucía Alcaina Romaní (Asociación Xuvenil Comarea) e do Concello de Muxía, o pasado venres 26 de agosto inaugurouse «Muros do Nordés» na zona portuaria de Muxía. Seguindo o estilo de Rexenera Fest, en Carballo, fomos convidados a pintar os paraventos de formigón. A selección fíxose a través dun concurso nos que había que cinguirse aos temas especificados: identidade mariñeira de Muxía, diálogo có entorno portuario e crítica á contaminación das costas. Eu escollín a identidade mariñeira de Muxía e presentei «Quixera ser dorna», que os que coñezades o traballo de Somostrasnas, xa vos soará! Aquí tedes máis fotos do evento, pertencentes á Asociación Xuvenil Comarea.
Tamén decirvos que o próximo venres 16 comeza o Obradoiro no Ágora de Pintura e Poesía. As 15 prazas disponibles enchéronse nun tempo record, e a día de hoxe non hai vacantes, pero espero que haxa máis convocatorias!
Leave A Reply