O pásado sábado día 2 reunímonos a meirande parte dos que formamos parte do obradoiro, para facer unha pequena exposición e coñecer así o traballo dos compañeiros. A verdade é que os traballos presentados foron de moita calidade e era unha mágoa non ensinarllo á xente.
Tedes todo este mes exposto na Biblioteca Rego da Balsa en Carballo os distintos traballos: fixemos caligramas, practicamos con acuarela (ainda que a técnica era libre), escribemos os nosos textos baseados en poemas (penso que é importante que a xente teña distintos recursos para expresarse), miramos distintas opcións de outros artistas para decatarnos de que non hai que facer realismo para expresarse ou «saber dibuxar» e a xente que nunca colleu un pincel tivo a oportunidade de coller un!!
Gústanvos as fotos? Non vos están entrando ganas de poñervos a pintar?? Pois pronto haberá máis, espero que tanto en Coruña como en Carballo! Ireivos informando
Leave A Reply